Download Regulamento

Document related concepts
no text concepts found
Transcript
I DÚATLON “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO DE MUROS
- REGULAMENTO Sábado, 16 de abril de 2016
1. ORGANIZA:
Concello de Muros
2. CONTACTO:
Centro Cultural e Xuvenil de Muros
Estrada de Miraflores, s/n 15250 Muros
Tfno. 981 762 294
[email protected]
3. DATAS E HORARIOS DAS PROBAS:
Sábado, 16 de abril de 2016
Proba absoluta: 17.00 h
4. IDADES DE PARTICIPACIÓN:
Nados/as en 1999 e anteriores.
Os/as menores de idade deberán presentar autorización paterna ou materna para a súa
participación.
5. DISTANCIAS:
Sprint: 5 km carreira a pé (4 voltas), 20 km ciclismo (4 voltas) e 2,5 km carreira a pé (2 voltas).
6. INSCRICIÓNS:
A inscrición realizarase online, a través da web de Emesports, www.emesports.es.
A partir do 23 de febreiro.
Haberá un máximo de 250 deportistas, por rigorosa orde de inscrición.
7. PREZO DA INSCRICIÓN:

10,00 € ata o 23/03/2016.

15,00 € dende o 24/03/2016 ata o 12/04/2016.
8. CRONOMETRAXE:
Mediante chip.
9. SAÍDA, TRANSICIÓN E META:
Saída: Porta da Vila, Muros
Transición e meta: Porta da Vila, Muros
10. MAPAS CIRCUÍTOS:
- Circuíto de carreira a pé:

1ª carreira: 4 voltas. 1.250 m x 4 = 5.000 m aprox.

2ª carreira: 2 voltas. 1.250 m x 2 = 2.500 m aprox.
- Circuíto de ciclismo:
O sector de ciclismo farase sempre polo carril dereito da estrada (agás na saída da
transición).
Calquera invasión do carril esquerdo da circulación (de xeito premeditado para atallar o
percorrido) será sancionado por parte da organización.
4 voltas: 5.000 m x 4 = 20.000 m aprox.
11. RECOLLIDA DE DORSAIS:

O venres, 15/04/2016, na piscina municipal de Muros (Soborribas, s/n 15259 Serres) no
horario de 10.00 h - 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h.

O sábado, 16/04/2016, na zona de saída de 15.00 h - 16.30 h.
12. CONTROL DE MATERIAL:
Dende as 16:15 h e ata 10 minutos antes da saída. OBRIGATORIO PRESENTAR DNI para o
acceso á transición.
Non se permite a participación en bicicletas de montaña.
13. REUNIÓN TÉCNICA
Ás 16:45 horas.
Remate da proba: 45 minutos de corte dende a chegada do primeiro clasificado e da primeira
clasificada.
14. ENTREGA DE TROFEOS:
Ás 19:00 h.
TROFEOS:

Aos 3 primeiros masculino e feminino absolutos.
PREMIOS ECONÓMICOS:

1º clasificado e 1ª clasificada absolutos: 100,00 €

2º clasificado e 2ª clasificada absolutos: 60,00 €

3º clasificado e 3ª clasificada absolutos: 40,00 €
Ao importe do premio económico practicaráselle unha retención do 15% en concepto de IRPF.
15. SEGURO DE ACCIDENTES:
Todos/as os/as deportistas contarán cun seguro de accidentes durante a proba.
16. SERVIZO DE DUCHAS.
Servizo de duchas no pavillón de Miraflores, dende as 18.00 h e ata as 20.00 h.
17. NORMAS DE COMPETICIÓN:
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial da Federación
Española de Tríatlon e Regulamento de Competición da Federación Galega de Tríatlon 2016.
A organización garante modificar o regulamento en beneficio da competición dándolle a publicidade
suficiente no caso de facer calquera cambio.
NOTA: Nesta proba mediante a súa inscrición o/a participante consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a publicación de imaxes e datos persoais básicos en Internet. En todo caso e tal como
establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ao Concello de Muros, Curro da Praza, 1 15250 Muros.