Download COÑECEMENTO DO MEDIO 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA A

Document related concepts
no text concepts found
Transcript
AREA
COÑECEMENTO DO MEDIO
NIVEL
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
PROFESORAS
SILVIA GONZÁLEZ VÁZQUEZ (1ºA)
JULIA RODRÍGUEZ REY(1ºB)
RAQUEL VALENCIA HERMIDA(1ºC)
A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións).
1ª Avaliación
OBXECTIVOS
1. Coñecer e nomear os principais obxectos e materiais da aula.
2. Identificar as distintas dependencias do colexio.
3. Manipular correctamente os obxectos e materiais das distintas aulas e dependencias do colexio.
4. Coñecer e valorar os distintos traballos que se realizan no colexio.
5. Coñecer e nomear as principais partes do corpo e da cara.
6. Nomear os cinco sentidos e asocialos cos seus órganos.
7. Recoñecer a través dos sentidos as calidades do medio que nos rodea.
8. Recoñecer e nomear as principais articulacións.
9. Coñecer e nomear os principais alimentos que constitúen a nosa dieta.
10. Clasificar os alimentos segundo a súa orixe.
11. Coñecer os alimentos que hai que tomar para que a alimentación sexa equilibrada.
12. Diferenciar os alimentos frescos dos elaborados.
13. Adquirir hábitos de hixiene e aseo persoal.
14. Recoñecer e nomear as pezas de roupa.
15. Coñecer as normas básicas de hixiene como fonte de saúde e benestar.
16. Coñecer os nomes dos distintos profesionais.
17. Nomear utensilios e ferramentas propios de cada profesión.
18. Relacionar cada profesión co lugar onde se realiza o traballo.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- Social e cidadá
- Respectar os demais.
- Coidar o medio.
- Relacionarse.
- Resolver conflitos.
- Para aprender a aprender
- Aprender a aprender.
- Desenvolver a atención.
- Situarse.
- Interpretar información.
- Adquirir bos hábitos.
- No coñecemento e a interacción co mundo físico
- Buscar información.
- Obter información.
- Interpretar información.
1
2ª Avaliación
OBXECTIVOS
1. Identificar os membros da familia e as relacións de parentes.
2. Lembrar as diferentes tarefas da casa e apreciar a participación de todos os membros da familia.
3. Coñecer e respectar distintos tipos de estrutura familiar.
4. Identificar diferentes tipos de casa e as partes dunha casa.
5. Identificar os elementos dunha rúa e respectar as normas de comportamento que debemos ter na
rúa,
6. Identificar animais mamíferos e describir as súas características.
7. Coñecer o nome dalgúns animais domésticos e salvaxes, os sons que emiten e recoñecer o nome das
crías dalgúns animais mamíferos.
8. Identificar algunhas aves e describir as súas características.
9. Clasificar as aves en domésticas e silvestres.
10. Coñecer produtos que nos dan as aves.
11. Coñecer os diferentes sons que emiten algunhas aves.
12. Recoñecer as plantas como seres vivos.
13. Distinguir as partes dunha planta e as súas características.
14. Coñecer os nomes dalgúns tipos de plantas e flores
15. Identificar e relacionar árbores froiteiras coa froita que dan.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- No coñecemento e a interacción co mundo físico
- Aprender a aprender.
- Falar e relacionar.
- Ler e comprender.
- Escribir.
- Aprender a traballar.
- Recoller información.
- Autonomía e iniciativa persoal
- Aprender a pensar.
- Desenvolver a atención.
- Resolver conflitos.
- Social e cidadá
- Aprender a traballar.
- Desenvolver a atención.
- Resolver conflitos.
3ª Avaliación
OBXECTIVOS
1. Identificar a auga, o sol e o aire como elementos necesarios para a vida.
2. Coñecer as estacións do an oe os meses que as compoñen.
3. Coñecer as características que definen aos peixes.
4. Identificar algúns peixes de auga doce e outros de auga salgada.
5. Identificar outros animais mariños.
6. Coñecer alimentos elaborados, cociñados ou en conserva a partir de produtos do mar.
7. Relacionar o froito coas sementes.
8. Identificar hortalizas e coñecer o nome das máis comúns.
2
9.
10.
11.
12.
13.
14.
15.
16.
Coñecer profesións relacionadas coas froitas e as hortalizas.
Coñecer os medios de comunicación: carta, teléfono, televisión, radio, xornal, internet.
Clasificar os medios de comunicación en escritos, audiovisuais, falados e visuais.
Identificar os elementos da páxina dun xornal.
Coñecer e nomear os medios de transporte privados e colectivos.
Clasificar os medios de transporte segundo se despracen pola terra, polo mar ou polo aire.
Identificar os vehículos que se moven con motor ou sen motor.
Coñecer as vacacións e as diversas actividades que se poden realizar nelas.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- Social e cidadá
- Aprender a comportarse.
- Adquirir bos hábitos.
- No coñecemento e a interacción co mundo físico
- Aprender a traballar.
- Adquirir bos hábitos.
- Desenvolver a atención.
- Recoller información.
- Cultural e artística
- Aprender a comunicarse.
- Ler e falar.
- Observar e falar.
- Comprender.
- Para aprender a aprender
- Aprender a traballar.
- Desenvolver a atención.
- Tratamento da información e competencia dixital
- Aprender a traballar.
- Coñecer o ordenador.
- Usar o ordenador.
B) Contidos (temporalizados por avaliacións)
1ª Avaliación
CONTIDOS
Conceptos
O colexio, as súas dependencias e o material escolar.
As normas na clase.
Partes do corpo: a cara e os sentidos, os seus órganos e funcións.
Normas de hixiene e de comportamento.
As articulacións e a posibilidade de movementos e actividades que permite cada articulación.
Variedade e orixe dos alimentos. Alimentos frescos e elaborados.
Aseo persoal e coidado do corpo.
As pezas de roupa
Distintas profesións, ferramentas e lugrares de traballo.
Procedementos
Observación de obxectos e persoas da aula.
Discriminación de actividades que se realizan na aula.
Relación de actividades coas dependencias onde se realizan.
3
Análise dos traballos realizados no colexio.
Relación das persoas coas ferramentas adecuadas ao seu oficio.
Identificación, nun debuxo, das partes do corpo.
Identificación, nun debuxo, dos sentidos e dos seus órganos.
Relación dos órganos sensoriais coa sensación que perciben.
Localización das distintas articulacións.
Identificación e asociación, nun debuxo, das partes principais do esqueleto.
Identificación de diferentes alimentos.
Unión de alimentos coa súa orixe.
Situación do consumo de determinados alimentos no tempo: almorzo, comida, merenda e cea.
Observación de distintos menús e elaboración dos seus.
Identificación de alimentos frescos e elaborados.
Ordenación do proceso de elaboración do pan.
Coidado e limpeza das distintas partes do corpo.
Realización autónoma dos hábitos elementais da hixiene persoal.
Recoñecemento das distintas pezas de roupa.
Identificación da roupa adecuada para cada ocasión.
Coloreado de pezas de roupa.
Escritura de accións relacionadas coa saúde e a hixiene.
Observación de distintos menús e elaboración dos seus.
Escritura do nome de distintas profesións.
Descrición das accións que se realizan en cada profesión.
Escritura e debuxo de ferramentas relacionadas con distintas profesións.
Relación das profesións co lugar onde se desempeñan.
Escritura do lugar onde se desempeñan as profesións.
Actitudes
Coidado dos obxectos comúns.
Aceptación das diferenzas entre as distintas persoas.
Valoración do traballo das distintas profesións sen discriminación por sexo.
Valoración de si mesmo e aceptación das propias posibilidades e limitacións.
Gusto pola exploración de sensacións a través dos sentidos.
Respecto ás diferenzas físicas das persoas.
Valoración da importancia de levar unha dieta san e equilibrada.
Actitude responsable ante o consumo de alimentos.
Valoración dos bos modais na mesa.
Interese por coidar o corpo.
Adquisición de hábitos de hixiene e limpeza.
Gusto pola orde e a limpeza.
Valoración da importancia de todas as profesións para a sociedade.
Recoñecemento de que homes e mulleres poden realizar as mesmas tarefas.
Actitude respectuosa ante os gustos profesionais dos demais.
2ª Avaliación
CONTIDOS
Conceptos
A familia: pais/nais, fillos/as, avós/avoas, irmáns/irmás e netos/as.
Diferenzas de idade entre avós/avoas, pais/nais e fillos/as.
Tarefas da casa.
Partes exteriores da casa e tipos de vivendas.
4
Dependencias da casa e orde dos obxectos en cada dependencia.
Elementos, normas, nomes e número da rúa.
Os animais mamíferos: características e vivendas dalgúns mamíferos.
Animais mamíferos domésticos e salvaxes, nomes das crías dalgúns mamíferos e sons que emiten
algúns animais mamíferos.
As partes dunha planta e as súas características como seres vivos.
Tipos de flores.
Elementos necesarios para a vida das plantas: auga, aire e luz.
As profesións, os utensilios e ferramentas que se empregan. As tendas.
Procedementos
Debuxo dos membros da propia familia establecendo relacións de idade e parentesco.
Recollida de datos sobre a repartición de tarefas domésticas.
Organización e distribución dos labores domésticos e colaboración de todos os membros da
familia sen distinción de sexo.
Recopilación de información sobre os distintos tipos de vivenda.
Coñecemento das dependencias dunha casa, das súas funcións e dos seus obxectos.
Identificación dos lugares nos que se gardan os diferentes obxectos en cada dependencia.
Observación e recollida de información da súa rúa, nome, número e mobiliario urbano.
Identificación e elaboración de sinais de tráfico.
Identificación dalgunhas normas de convivencia na rúa.
Descrición das características dos animais mamíferos e diferenciación dalgunhas vivendas dos
animais mamíferos.
Identificación dos animais mamíferos e salvaxes.
Recoñecemento dos animais mamíferos domésticos a través dos seus sons.
Identificación dalgunhas crías de animais mamíferos.
Observación das diferentes partes dunha planta e o seu crecemento.
Relación das raíces e follas das plantas coa súa forma de alimentarse e respirar.
Recoñecemento das plantas como seres vivos.
Descrición e enumeración dalgúns tipos de flores.
Identificación dos elementos necesarios para a vida das plantas: auga, aire e luz.
Identificación de distintos oficios e definición do tipo de actividades que se desempeñan nos
oficios máis comúns.
Relación de determinadas ferramentas co oficio ou coa actividade nas que se empregan.
Descrición das tendas do contorno máis próximo.
Diálogo dos servizos e dos productos que proporcionan as tendas e descrición de normas á hora
de mercar.
Actitudes
Valoración da importancia de pertencer a unha familia.
Recoñecemento da importancia das relacións afectivas na familia.
Interese por colaborar nas tarefas domésticas.
Recoñecemento de que todas as persoas necesitan unha casa para vivir.
Respecto polas normas de convivencia.
Coidado do contorno próximo.
Importancia de ter uns bos servizos públicos.
Interese pola observación e o estudo dos mamíferos.
Respecto polos animais.
Coidado responsable do contorno dos animais.
Interese por profundar no coñecemento das aves.
Valoración da importancia das aves como produtoras de carne, ovos e plumas.
Respecto polos animais e polo seu contorno.
5
Respecto polas plantas.
Responsabilidade no coidado das plantas.
3ª Avaliación
CONTIDOS
Conceptos
Necesidade da auga, do aire e do sol para vivir,
Lugares onde hai auga
Obxectos que se moven co vento.
As estacións
Características dos peixes.
Peixes de río e de mar
Animais mariños que non son peixes.
Profesións relacionadas coa pesca.
Os froitos e as súas partes,
As seementes
Os meses do ano
As estacións e as súas froitas
Nomes de hortalizas
Algúns medios de comunicación: carta, teléfono, ordenador, televisión, xornal e revista.
Televisión ,radio e internet.
Medios de transporte individuais e colectivos
Os medios de transporte que se desprazan pola terra, polo mar e polo aire
Vehiculos con metor e sen motor.
Lugares de vacacións e actividades recreativas
Procedementos
Establecemento de relacións entre os tres elementos básicos (auga, aire e sol) para os seres vivos.
Localización de lugares onde hai auga mediante a observación de imaxes.
Enumeración de obxectos que move o vento.
Observación da posición do Sol ao longo do día.
Comprensión e utilización dos símbolos sobre o tempo atmosférico.
Definición das características físicas dos peixes.
Identificación dalgúns peixes de río e algúns de mar.
Enumeración dalgúns animais que viven na auga e non son peixes.
Escritura de alimentos que se obteñen de animais que viven nos ríos ou no mar.
Identificación de diferentes profesións relacionadas coa pesca.
Identificación de distintos tipos de sementes.
Enumeración dalgunhas sementes comestibles.
Memorización e escritura dos doce meses do ano.
Memorización do nome das estacións do ano e da orde na que se suceden.
Recoñecemento e escritura do nome dalgunhas hortalizas.
Observación e identificación, en imaxes, de distintos medios de comunicación.
Utilización dalgúns medios de comunicación.
Identificación das características que diferencian a prensa escrita, a televisión, a radio e
internet.
Discriminación dos tipos de contidos que ofrecen os xornais e as revistas.
Interese por descubrir as posibilidades das novas tecnoloxías.
Adquisición e interiorización de hábitos saudables no uso da televisión e do ordenador.
Clasificación dos medios de transporte en individuais e colectivos.
Enumeración de lugares e actividades relacionados coas vacacións.
6
Actitudes
Escritura de nomes dalgúns vehículos que teñen motor.
Clasificación dos medios de transporte segundo se despracen pola terra, polo mar ou polo aire.
Interese por predicir o tempo atmosférico atendendo a indicios observables.
Respecto polos animais acuáticos e o seu hábitat.
Valoración dos traballadores relacionados coa pesca e a importancia desta na alimentación
humana.
Gozo ao saborear froitos e produtos da horta.
Valoración da importancia de levar unha dieta san e equilibrada que inclúa vexetais.
Interese por descubrir as posibilidades das novas tecnoloxías.
Adquisición e interiorización de hábitos saudables no uso da televisión e do ordenador.
Valoración da importancia do uso dos medios de transporte pouco contaminantes para preservar
a natureza.
Valoración do descanso nas vacacións como fonte de saúde.
C) Criterios de avaliación (temporalizados por avaliacións)
1ª Avaliación
Recolle información observando obxectos do contorno escolar.
Describe oralmente os obxectos presentes nos debuxos e no seu contorno escolar.
Nomea e localiza as distintas dependencias do colexio.
Relaciona os obxectos coa súa función.
Describe os distintos oficios que se realizan no colexio e as persoas que os realizan.
Recoñece ferramentas que utilizan os distintos profesionais no colexio.
Nomea as principais partes do corpo e da cara.
Recoñece as funcións dos cinco sentidos.
Asocia cada sentido co seu órgano.
Discrimina olores, sabores, sons, imaxes e texturas usando os sentidos.
Recoñece as principais articulacións e as súas funcións.
Nomea os alimentos estudados.
Diferenza a orixe animal ou vexetal dos alimentos.
Acepta que hai que ter unha dieta equilibrada.
Asocia alimentos co momento do día no que se consumen.
Nomea alimentos frescos e alimentos elaborados.
Coñece o proceso de elaboración dalgúns alimentos.
Adquire hábitos e actitudes relacionadas coa hixiene e o coidado do seu corpo.
Mostra interese por poñer a roupa e asearse só.
Mantén as súas cousas limpas e ordenadas.
Nomea as pezas de roupa.
Sabe que roupa hai que poñer na circunstancia adecuada.
Identifica as tres normas básicas para estar san: asearse, comer e durmir.
Nomea os profesionais segundo o traballo que desempeñan.
Nomea as profesións dos seus familiares e dos familiares doutros compañeiros.
Recoñece, debuxa e escribe as ferramentas e os utensilios de cada profesión.
Coñece os lugares onde se desempeñan algunhas profesións.
Enumera lugares de traballo.
2ª Avaliación
Nomea os membros da súa familia.
Recoñece os graos de parentesco máis próximos: pais, fillos, irmáns, avós, netos.
7
Recoñece e acepta que hai diversas estruturas familiares: cun fillo ou varios, co pai e a nai, só cun
deles…
Colabora na realización de distintas tarefas domésticas adecuadas á súa idade.
Establece diferenzas entre vivendas.
Nomea as distintas partes dunha casa.
Distingue elementos dunha rúa e nomea obxectos do mobiliario urbano.
Coñece o nome da rúa e o número da casa onde vive.
Coñece o nome e o uso de distintos materiais de construción.
Recoñece e respecta as normas de comportamento na rúa.
Identifica algúns sinais que serven para orientarse na rúa.
Recoñece os edificios públicos e que actividades se desenvolven neles.
Memoriza o ciclo da vida dos seres vivos: nacen, aliméntanse, respiran, teñen fillos e morren.
Escribe e nomea distintos animais mamíferos.
Menciona as características físicas dos mamíferos.
Nomea e coñece algunhas características dos animais domésticos e salvaxes.
Aprende o nome das crías dos mamíferos máis comúns e asóciaas cos seus proxenitores.
Cita o nome dos lugares que os mamíferos usan para vivir.
Identificar algunhas aves e describir as súas características.
Clasificar as aves en domésticas e silvestres.
Coñecer produtos que nos dan as aves.
Coñecer os diferentes sons que emiten algunhas aves.
Recoñece que as plantas son seres vivos.
Identifica a auga, a luz e o aire como elementos necesarios para as plantas.
Nomea as partes dunha planta.
Asocia a respiración e a alimentación das plantas coas follas e as raíces.
Identifica árbores, arbustos e herbas atendendo ás súas características.
Enumera diferentes flores.
Nomea árbores froiteiras.
Relaciona cada froita coa planta de onde procede.
3ª Avaliación
Recoñece a necesidade da auga para vivir.
Enumera lugares onde se atopa auga.
Recoñece a necesidade do aire para vivir.
Enumera obxectos que move o vento.
Explica por que necesitan os seres vivos o sol para vivir.
Diferenza o día e a noite.
Identifica o tempo atmosférico de cada unha das estacións.
Identifica e debuxa símbolos que se utilizan para dicir o tempo que fai.
Recoñece algunhas características dos peixes.
Nomea e sinala as partes do corpo dun peixe.
Coñece o nome dalgúns peixes que viven nos ríos.
Nomea algúns peixes que viven no mar.
Identifica e enumera animais acuáticos que non son peixes.
Enumera produtos derivados dos peixes que lle serven de alimento ao home.
Recoñece o traballo do pescador e o do peixeiro, e nomea as diferenzas que hai entrambos.
Localiza nun froito a semente e a pel.
Identifica distintos froitos e as súas sementes.
Nomea algunhas sementes comestibles.
Sabe, en orde, os nomes das estacións.
8
Identifica as froitas propias de cada estación.
Nomea os doce meses do ano.
Nomea as hortalizas máis comúns.
Nomea algunhas profesións relacionadas coas froitas e as hortalizas.
Enumera algúns medios de comunicación.
Utiliza adecuadamente os medios de comunicación ao seu alcance.
Distingue os medios de comunicación visuais, falados e escritos.
Sabe que os xornais e as revistas nos informan con fotografías e noticias escritas.
Escribe o nome dalgúns medios de transporte individuais e colectivos.
Comprende a utilidade dos medios de transporte colectivos.
Asocia cada medio de transporte co medio físico polo que se despraza.
Identifica vehículos que se moven con motor e outros que non.
Enumera as zonas ás que se vai nas vacacións: praia, montaña…
Enumera diversas actividades que se realizan nas vacacións.
D) Contidos mínimos esixibles
En canto aos contidos mínimos esixibles chegouse ao consenso de que todo neno ou nena que saiba ler e
escribir comprensivamente textos sinxelos, coñeza os números ata o 99 e as nocións básicas de suma e resta
promoverá ao ciclo seguinte.
E) Metodoloxía didáctica
Traballaremos o coñecemento de si mesmo traballando a autonomía persoal mediante o coñecemento do seu
propio corpo e o afianzamento da lateralidade.
Deberemos facer referencia ao contorno próximo cando estudemos o medio físico.
Traballaremos tamén o medio social máis próximo (familia, amigos, veciños...).
Desenvolveremos hábitos relacionados co coidado de plantas e animais.
F) Procedementos de avaliación
•
•
Será contínua e sumativa: faremos avaliacións do aprendido ao fin de cada unidade didáctica,
valorando:conceptos,procedementos e actitudes. Faremos avaliación xerais trimestrais en
decembro, marzo e xuño.
Os alumnos/as, realizarán probas escritas e orais, sobre o estudado.Tamén se terán en conta o
estado dos cadernos, material de clase, deberes e actitudes. Os conceptos e procedementos aportan
o 80% da nota e as actitudes o 20%.
Tipo de contidos
Elementos avaliables
Puntuación
máxima
Baremación dos contidos e outras consideracións
20%
A valoración basearase na observación directa.
80%
A valoración basearase na observación e revisión do
traballo diario.
Comportamento individual
Actitudinais
Traballo individual
Traballo en equipo
Asistencia e puntualidade
Conceptuais
O corpo humano
Os seres vivos
9
Sector primario
Observación
Procedi-mentais
Revisión de tarefas
Fichas de avaliación
Cálculo da nota
final
G) Actividades de recuperación e reforzo para alumnos/as con NEE
En cada unidade didáctica haberá material de reforzo e de ampliación relacionado coa materia que se
traballa na unidade.
Coordinación con especialistas no caso de que fose necesario.
H) Materiais e recursos didácticos
Material
Materiais de carácter globalizador. No que están incluídos, o material que utilizamos
ordinariamente na aula: libros de texto(Tira da lingua 1,2 3. Editorial Anaya), cadernos de
traballo, fichas...
Material de carácter auxiliar.
- Revistas.
- Láminas de observación.
- Produtos naturais segundo as estacións ( froitas , follas…).
- Saídas e viaxes .
- Fichas de reforzo e ampliación .
- Vídeos
- CD-ROMS
Recursos
Biblioteca, laboratorio, aula de música, de traballos manuais, de audiovisuais, etc.
Salón de usos múltiples. Polideportivo, ximnasio e informática.
I) Temas transversais
Educación ambiental
•
Respecto e coidado do contorno.
•
Coidado e respecto por todos os seres vivos.
•
Recoñecemento da importancia do aforro da auga.
• Conservar limpos mar, lagos e ríos...
Educación para a igualdade
• Valoración dos servizos públicos e da igualdade de sexos no seu desempeño.
Educación moral e cívica
•
Comportamento civilizado no seu contorno. Respecto por todos os bens públicos. Normas
de educación viaria.
•
Valoración dos traballos agrícolas, gandeiros e pesqueiros como actividades indispensables
para a obtención de alimentos.
10
Educación para a saúde
•
Recoñecemento da necesidade para o noso organismo dunha dieta variada e equilibrada.
•
Apreciar as propiedades curativas das plantas medicinais.
J) Actividades complementarias e extraescolares previstas
Celebración: Magosto, Nadal , Dia escolar da Paz, Entroido.
Colaborar con Voz Natura.
Aula de informática.
Murais.
Plantación dunha semilla.
Excursión polo pobo.
Viaxe de fin de curso – (excursión).
Actividades que xurdan ao longo do curso ofrecidas por distintas entidades.
K) Medidas de atención á diversidade
Utilizaranse fichas de ampliación, reforzo e razoamento adaptadas ás necesidades individuais do
alumnado.
L) Grao de adquisición das competencias básicas.
COMPETENCIAS BÁSICAS
1. Comunicación lingüística
2. Matemática
3. Coñecemento e interación co mundo físico
4. Tratamento da información e competencia dixital
5. Social e cidadá
6. Cultural e artística
7. Aprender a aprender
8. Autonomía e iniciativa persoal
GRAO DE DESENVOLVEMENTO*
(*) Baixo; Aceptable; Bo; Excelente
11