Download CEIP da TORRE

Document related concepts
no text concepts found
Transcript
CEIP da TORRE - CELA
BUEU
CRUSTÁCEOS
MOLUSCOS
PEIXES
Camarón
Ameixa fina
Alcrique
Centola
Ameixa xaponesa
Boi
Cangrexo
Cigala
Ameixa babosa
Ameixa rubia
Berberecho
Langosta
Bígaro
Nécora
Choco
Lumbrigante
Percebe
Santiaguiño
Calamar
Choupa
Corniche
Longueirón
Lura
Mexillón
Navalla
Ostra
Abadexo
Bolos
Cabalón
Congro
Faneca
Linguado
Lirio
Maragota
Muxo
Peixe porco
Pescada
Piarda
Raia
Rapante
Polbo
Rincha
Vieira
Rodaballo
Reloxo
Zamburiña
Robaliza
Rubio
Salmonete
Sanmartiño
Sardiña
Sargo
Solla
Xurel
CRUSTÁCEOS
NOME: Boi
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: Ten pinzas grandes e fortes e unha forma ovalada. É de
cor pardo amarelento mais ancho que longo e conten un contorno li-
xeiramente festoneado. Ten o primeiro par de patas moi desenrolado
cunhas pinzas de gran tamaño e extremos negros que encerran unha
carne moi delicada e sabrosa. Hai exemplares que poden chegar a
pesar 5 kg. As femias soen ter mais carne e distínguense dos ma-
chos por unha lengüeta triangular no seu abdome moito mais grande
ca do macho.
COMO SE CAPTURA?: Péscase con nasas, normalmente de forma se-
miesférica. A cada nasa colócaselle un cebo antes de sumerxila. En
cada marea as nasas son alzadas para recoller as capturas.
FOTO
DEBUXO
NOME: Camarón
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: Son parecidos ás gambas pero moito máis pequenos. Teñen
as patas pequenas, o corpo comprimido. A cola comparada co corpo
é longa. A coraza pouco resistente ten un color grisáceo.
COMO SE CAPTURA?: Captúrase con nasas , trueles ou ganapáns
. Os que se pescan con nasas permanecen nelas comendo peixe
que se usa de cebo ata que as levantan polo que cando se
cocen saben a peixe , por iso os que se capturan con true-
les ou ganapáns son de maior calidade .
Non teñen época de
veda .Péscanse cerca das rochas e das bateas con barcos de
baixura.
FOTO
DEBUXO
NOME: Cangrexo
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: De tamaño pequeno, está formado por un caparazón e dez
patas, dúas delas levan unhas pinzas para a captura de alimentos e
para defensa de outras especies. A súa movilidade é lateral.
COMO SE CAPTURA?: Xeneralmente se captura con nasa. Tamén é
posible cun aparello de rede, trasmallo e tamén cun ganapán. É doado
capturala coa man debido a súa lenta movilidade.
As embarcacións que se utilizan para a captura de crustáceos soen
ser xeneralmente de pequeno tamaño, para facilitar a proximidade á
costa. A época de veda é no momento de desove crías
FOTO
DEBUXO
NOME: Centola
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: O seu caparazón é de cor vermello ou marrón. É triangular por diante e case redonde por detrás. Está cuberta dunha espe-
cie de espiñas. Ten cinco pares de patas duras e longas, e na parte
de diante dúas tenazas fortes. Os machos son máis pequenos, es-
treitos e delgados, mentras as femias teñen forma ovalada e son
máis anchas e grosas. A centola galega diferénciase da extranxeira
por ser máis escura, ter unllas afiadas e o caparazón cuberto de
algas e vellosidades.
COMO SE CAPTURA?: Péscase coas nasas.
A época de veda é do un de abril ao un de xuño, e do un de setem-
bro ata o trinta e un de decembro.
FOTO
DEBUXO
NOME: Cigala
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: É un animaliño pequeno. Ten os ollos pequenos. O seu
corpo, por fóra, é como unha cuncha. Logo ten como unha serra que
está na parte de arriba da testa, onde están as antenas. Por den-
tro é todo carne. Se é grande e está chea na parte de dentro da cabeza ten os corais.
COMO SE CAPTURA?: O método de captura é o arrastre.
FOTO
DEBUXO
NOME: Langosta
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: Crustáceo decápodo mariño de gran tamaño con antenas
A súa carne é moi apreciada. As langostas diferéncianse esencial-
mente dos lumbrigantes polo seu primer par de patas deprovistas de
pinzas e polas súas longas antenas fortes e espinosas na súa base.
COMO SE CAPTURA?: Se pescan mediante as chamadas nasas ou
cestos de langosta.
FOTO
DEBUXO
NOME: Lumbrigante (Bogavante)
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: Crustáceo decápodo. Posúe cinco pares de patas, catro
das cales están situadas no tórax. O primeiro par de patas remata
en dous grandes pinzas. Posúe dúas longas antenas e outras catro
moito máis curtas. De corpo robusto e alongado. O madeiro é liso. O
abdome ten sete aneis e a cola é en forma de abano. Presenta co-
loracións verdosas, marrons, negras ou azuis. A femia caracterízase
por ter unhas pequenas patas atrofiadas, situadas despois do último
par de patas.
COMO SE CAPTURA?: As técnicas de pesca máis empregadas son as
nasas, en especial, a chamada "nasa lagosteira". Outras utilizadas,
aínda que en menor medida, son as de arrastre, trasmallo, miños
(tamén denominados rascos) e raeiras ou arte de enmalle.
FOTO
DEBUXO
NOME: Nécora
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: Ten a cuncha hexagonal ce cor parda escura, dous ollos
vermellos, cinco pares de patas e dúas pinzas.
O macho ten o abdome triangular e a femia o ten máis redondeado
e ancho.
COMO SE CAPTURA?: Péscase con nasas. Antigamente en gamelas a
remo, agora en barcos de poliéster e motor.
A mellor época de pesca está entre os meses de xullo e decembro.
FOTO
DEBUXO
NOME: Percebe (Pollicipes pollicipes)
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: Presenta unha parte superior, ou capítulo, e outra infe-
rior, ou pedúnculo, que é a parte que se fixa ás rochas. A parte su-
perior, unlla, é de cor branca e gris. Debaixo están a maioría dos
órganos. O percebe é hermafrodita, pero para se reproducir fan falla
dous indivíduos distintos, actuando un como macho e o outro como
femia.
COMO SE CAPTURA?: Recóllese a man cun utensilio chamado “ga-
teña”. Os percebes atópanse na zona intermareal das rías, cantís,
illas... A súa colleita ofrece un gran risco para os operarios, chamados “percebeiros”.
Non ten época de veda.
FOTO
DEBUXO
NOME: Santiaguiño
ESPECIE: Crustáceo
COMO É?: O seu corpo é robusto e aplanado, de cor parda con acen-
tuacións vermellas, e as unións dos segmentos abdominais, de cor
máis intensa. Presenta dous pares de antenas anchas e planas en
forma de pau.
COMO SE CAPTURA?: Captúrase con nasas e redes.
A temporada da súa pesca é en xullo e agosto.
As embarcacións que pescan os santiaguiños chámanse “marisqueros”.
FOTO
DEBUXO
MOLUSCOS
NOME: Ameixa babosa
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A súa cuncha ten liñas finas que se debuxan paralelas ao
borde.
A súa cor é gris ou acastañada.
Mide uns 5 ou 6 cm.
É de menor valor que a ameixa fina.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre os meses de setembro e abril.
Recóllense en zonas areentas, ou ben a pé, con sachos ou angazos,
ou a flote dende unha barca, cun rastro de vara.
FOTO
DEBUXO
NOME: Ameixa fina
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A cuncha é convexa no centro con estrías moi finas.
É de cor branca, amarela ou marrón claro.
Fóra da auga aguanta moito tempo viva.
Mide uns 5 ou 6 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllense entre setembro e abril. Recóllense a
pé con angazo aproveitando a marea baixa ou con raña dende peque-
nas embarcacións.
FOTO
DEBUXO
NOME: Ameixa rubia
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A súa cuncha ten liñas concéntricas en forma de zig zag
i é tan lisa que parece pulida.
A súa cor é de tons vermellos e morados.
Pode medir ata uns 5 ou 6 cm.
COMO SE CAPTURA?: As datas de recollida van de setembro a abril.
Recóllense a pé en zonas areentas mediante rastros, angazos ou sa-
chos, e con raño dende pequenas embarcacións.
FOTO
DEBUXO
NOME: Ameixa xaponesa
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A súa cuncha ten unhas liñas moi marcadas.
A cor varía entre tostado, gris e negro.
Medra moi rápido, podendo chegar ata os 6 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre setembro e abril.
Recóllense mediante marisqueo a pé con sachos, rastros ou angazos,
ou marisqueo a flote con rastro de vara ou raño, dende pequenas
embarcacións.
FOTO
DEBUXO
NOME: Berberecho (corneirolo)
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: Ten unha cuncha fonda, abombada e ovalada, cuns ner-
vios moi marcados.
É de cor branca e marrón con tonos grisáceos e manchas pardas.
Aliméntase de diminutas plantas.
Pode medir entre 3 e 5 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre setembro e maio. Recóllese en
zonas areentas a pé con angazo ou sacho, ou a flote dende pequenas
ambarcacións con rastro.
FOTO
DEBUXO
NOME: Bígaros (Caramuxos)
ESPECIE: Molusco
COMO É?: Coma un caracol mariño de cuncha cónica.
A súa cor é negra ou parduzca.
Mide uns 3 cm.
Aguanta moito fóra da auga.
Vive nas rochas e aliméntase de algas.
COMO SE CAPTURA?: Non ten época de veda. Cóllense directamente
das rochas coas mans.
FOTO
DEBUXO
NOME: Calamar
ESPECIE: Molusco cefalópodo
COMO É?: Animal cun corpo alongado con forma de saco e un gran
ollo na cabeza. Ten oito brazos con tentáculos. Entre os brazos ten
a boca moi semellante o peteiro dun loro. No seu corpo , que é coma
de goma e cambia de cores moi rápido, ten unha aleta a cada lado
que lle serven para nadar.
COMO SE CAPTURA?: Pèscase con rapetas, bous,cercos e con po-
teiras.
Para as poteiras utilízanse embarcacións pequenas incluso sen motor,
e para as outras artes calquer tipo de embarcacións . Nunca está en
veda. Excepto as poteiras cada arte está autorizada en épocas determinadas.
FOTO
DEBUXO
NOME: Choco
ESPECIE: Molusco Cefalópodo
COMO É?: É máis pequeno ca sepia. A súa boca está rodeada por oito
brazos, con dúas ringleiras de ventosas en zigzag. A cuncha é un
pouco máis estreita que alongada. O marxen do manto forma un án-
gulo agudo sobre a cabeza.
COMO SE CAPTURA?: A arte
de pesca coa
cual o pescan é con
nasas, cebo, trasmallo e artes de arrastre. Se usan embarcacións
pequenas. O choco non ten veda.
FOTO
DEBUXO
NOME: Choupa
ESPECIE: Molusco cefalópodo
COMO É?: Parecido ao calamar pero de clase inferior.
COMO SE CAPTURA?: Ponse un anzó con comida nunha cana.
FOTO
DEBUXO
NOME: Corniche (Cornicha)
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A súa cuncha é de cor branca con estrías.
Vive soterrado a pouca profundidade en fondos mariños brandos.
A súa carne é moi sabrosa.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese na praia e nos fondos areentos. A súa
pesca regúlase non por veda, senón por quilos por mariscador.
Péscase a pé co angazo e dende barco con rastro de vara.
FOTO
DEBUXO
NOME: Longueirón
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: Ten cuncha recta en forma de tubo longo i estreito de
bordes rectos.
A súa cor é amarela pálida con liñas finas acastañadas.
Pode medir ata 20 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllense todo o ano. Recóllese coa man botándolle sal nos ollos de saída ou cun sacho moi vertical. Tamén en
zonas moi profundas, buceando a pulmón.
FOTO
DEBUXO
NOME: Lura
ESPECIE: Molusco cefalópodo
COMO É?: Molusco mariño co corpo algo alongado e unha cuncha in-
terna,ten tentáculos con ventosas e posúe unha bolsa interna onde se
acumula unha substancia negra, chamada borra, que lle serve para
escurecer a auga e evitar asi ser vista e poder escapar cando se
sente perseguido.
COMO SE CAPTURA?: Péscase coa cana de pescar e petela. Na ría
de Pontevedra, péscase en motora ou en bote...
A súa época de pesca é en outubro,novembro e decembro.
FOTO
DEBUXO
NOME: Mexillón
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: Ten unha cuncha alongada e algo triangular.
É de cor negra por fóra e a súa carne alaranxada.
Aliméntase de placton.
De longo pode medir entre uns 7 a 10 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese todo o ano.
Hai que analizalo e se ten toxina non se pode recoller.
Cultívase en bateas unidos a unhas cordas verticais.
FOTO
DEBUXO
NOME: Navalla
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A súa cuncha é alongada e algo curvada, cunha superficie moi lisa.
A súa cor vai do branco ao marrón claro con bandas moradas ou par-
das.
Pode medir ata 15 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese todo o ano. A forma tradicional é na
orilla coa man, botándolle sal nos orificios de saída, ou a buceo a pul-
món.
FOTO
DEBUXO
NOME: Ostra plana
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: Ten forma redonda cunha superficie rugosa e irregular de-
bido ás estrías concéntricas de crecemento.
A súa cor é gris verdosa ou parduzca.
Aliméntase de microalgas.
Pode medir entre 6 e 15 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllense todo o ano. Atópanse na area da
praia, aínda que cada vez menos, e sobre todo cultívanse en bateas
unidas a cordas verticais.
FOTO
DEBUXO
NOME: Polbo
ESPECIE: Molusco cefalópodo
COMO É?: Ten 8 tentáculos. Nos tentáculos ten moitas ventosas. Ao
lado dos tentáculos teñen unha boca. O corpo ten forma de saco e
os ollos son moi grandes. Cambia de cor.
COMO SE CAPTURA?: O polbo péscase na ría de Pontevedra. A época
da veda é novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo. Para cap-
turalos emprégase a nasa.
FOTO
DEBUXO
NOME: Reloxo
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: Ten unha cuncha casi circular con moitas estrías de crecemento, finas e concéntricas.
A súa superficie é máis ou menos lisa.
A súa cor é branca amarelenta ou pardo pálido con raias escuras.
Mide entre 5 e 6 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllese entre setembro e abril. Na baixamar
con sachos ou rastros, e nas augas costeiras dende chalanas co ras-
tro de vara.
FOTO
DEBUXO
NOME: Vieira
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: A súa valva superior é casi plana, a inferior máis grande,
é convexa.
Ten raios que fan un debuxo que semella un abano.
A súa cor é vermella ou parda amarelenta.
Pode medir entre 10 e 15 cm.
COMO SE CAPTURA?: Cóllense de decembro a febreiro, aínda que
na nosa ría agora están sempre en veda pola toxina.
Usábase o rastro da vieira.
FOTO
DEBUXO
NOME: Zamburiña
ESPECIE: Molusco bivalvo
COMO É?: As súas cunchas son ovaladas e con dúas orellas. A supe-
rior é algo máis abombada.
Ten uns 25 a 30 surcos.
Aliméntase de placton.
Pode medir de 4 a 6 cm.
COMO SE CAPTURA?: Recóllese de setembro a maio. Captúrase me-
diante rastro remolcado ou rastro de vara.
FOTO
DEBUXO
PEIXES
NOME: Abadexo (Pllachius pollachius)
ESPECIE: Gádidos
COMO É?: Ten un corpo esbelto e alongado. Pode medir de 40 a 80
cm de lonxitude, alcanzando un máximo de 130 cm. O seu peso má-
ximo é de 14 kg. Está cuberto de escamas pequeniñas. A primeira
aleta dorsal é triangular e a segunda dorsal ten a base o dobre de
longa. A primeira aleta anal é a máis grande de todas, A súa cor é
dourada por riba e prateada na parte de abaixo.
COMO SE CAPTURA?: Captúrase con canas e liñas. A súa veda está
entre os meses de xuño e agosto.
FOTO
DEBUXO
NOME: Alcrique
ESPECIE: Peixe
COMO É?: É un peixe azul. É pequeno e ten a pel escura e bri-
llante.Ten unha cabeza en forma de punta como unha agulla, de
ahí ven o seu nome: A agulla .
COMO SE CAPTURA?: Coa rede.
FOTO
DEBUXO
NOME: Bolos
ESPECIE: Peixe
COMO É?: longo como unha culebriña de dúas cores, uns beis e
blanco, outros gris e blanco.
COMO SE CAPTURA?: Captúrase coas rapetas na praia.
FOTO
DEBUXO
NOME: Cabalón
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Ten dorso de
cor azul verdosa marcado de bandas si-
nuosas. Os laterais e o ventre amarelo plateado. Pódese confundir
coa cabala ou rincha.
COMO SE CAPTURA?: Péscase con redes.
FOTO
DEBUXO
NOME: Congro (Conger conger)
ESPECIE: Congriedae
COMO É?: é un peixe de gran tamaño, pode chegar a os 3 metros,
se ben o seu tamaño medio é de 1’5 m.
Ten un corpo forte, similar a unha serpe, cilíndrico, con unha aper-
tura branquial. Non ten aletas ventrais, xa que dispón de aletas pec-
torais. Ten unha cabeza grande, con ollos redondos, cunha gran boca.
O dorso é azulado, mentres ca súa parte inferior é branca.
COMO SE CAPTURA?: Pódese capturar co palangre. A época na que
está máis rico é en inverno, primaveira e verán.
FOTO
DEBUXO
NOME: Faneca
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Ten unha carne moi branca.
O seu corpo é alongado, con grandes ollos e fortes dentes.
É de cor pardo amarelento no dorso, e gris prateado escuro no ven-
tre.
Vive en fondos areentos de profundidade media.
COMO SE CAPTURA?: Péscase de febreiro a setembro, mediante
palangre ou redes de arrastre.
FOTO
DEBUXO
NOME: Linguado (Solea vulgaris)
ESPECIE: Soleidos
COMO É?: A súa forma é ovalada e plana. Ten unha boca dentada.
A súa talla mínima é duns 20 cm e a talla máxima é duns 45 cm. Soe
pesar entre 200-400 g. Ten aletas dorsais e anais da cabeza ata a
cola.
COMO SE CAPTURA?: Con arrastre,miño e palangre.
A melllor época deste peixe é en marzo e abril.
FOTO
DEBUXO
NOME: Lirio
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Peixe alongado de carne branca, con cabeza grande trian-
gular na que ten unha boca grande con dentes cortantes.
A súa cor é gris azulado na parte dorsal e branquecina no ventre.
Mide de 15 a 20 cm.
COMO SE CAPTURA?: Péscase de marzo a xuño mediante o arras-
tre ou rede de cerco.
FOTO
DEBUXO
NOME: Maragota (Labrus bergylta)
ESPECIE: Labridae
COMO É?: Corpo rechoncho, fuciño puntiagudo con labios carnosos e
dentadura potente. De cor variable según a época do ano. O seu ta-
maño máximo e de 66 cm e pode pesar ata 3 kg.Ten escamas. ten
unha única longa aleta dorsal, provista dunha vintena de espiñas.
COMO SE CAPTURA?: Dende a beira do mar, sempre que o fondo
sexa pedra. Tamén poden pescarse cun aparello fino e ben lastrado
(por iso convén usar anzós finos de pata longa e rectos). Non,ten
veda, a época que está mais rica é no inverno. Péscase co trasmallo
con anzol ou cana dende as rochas.
FOTO
DEBUXO
NOME: Muxo (Mugil cephalus)
ESPECIE: Mugílidos
COMO É?: Seu corpo é alongado, ten unha cor azulada, alcanza uns
60 cm.. Ten dúas aletas laterais, unha delas máis curta, e escamas
moi grandes, labios grosos e cola en forma de V.
Dependendo da zona ten mellor ou peor fama.Os de augas limpas son
moi apreciados.
COMO SE CAPTURA?: Péscanse con cana e con trasmallos.
A mellor época para pescalos é na primavera e no outono
FOTO
DEBUXO
NOME: Peixe porco
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Pertence á familia dos Balistidae. Distínguense pola súa
resistencia e agresividade. Teñen mandíbulas moi robustas e dentes
capaces de romper corais e mexilóns. É de cor azul escuro e ten unha
boca pequena.
COMO SE CAPTURA?: É doado de capturar porque son moi curiosos.
Pican moi ben nos anzós porque son carnívoros.
FOTO
DEBUXO
NOME: Pescada (Merluccius merluccius)
ESPECIE: Merlúcidos
COMO É?: É un peixe alongado. A súa cor varía, as da nosa zona son
gris prateado. Pode chegar a pesar 11 kg e pode medir 1,8 m. Ten
escamas, aletas alongadas e a aleta caudal recta.
COMO SE CAPTURA?: Con artes de pincho e arrastre. A época de
veda da pescada é nos meses de abril, maio, xuño e xullo.
FOTO
DEBUXO
NOME: Piarda (Atherina)
ESPECIE: Atherinidae
COMO É?: Forma alongada. A súa corcor é algo verdosa no dorso con
puntos negros. Leva sobre o costado unha banda prateada lonxitudinal.
Miden de 12 a 16 cm e o máximo 20 cm.Teñen escamas.A forma da
súa cola é en V.
COMO SE CAPTURA?: Captúranse con miños. Son catro redes con
suela e miñoca.
A súa época de veda e no verán.
FOTO
DEBUXO
NOME: Raia (Raja clavata)
ESPECIE: Ráyidos
COMO É?: É un peixe branco. O seu corpo é plano con aletas pec-
torais triangulares. Pel áspera, que, nas zonas dorsais, presenta nu-
merosos aguillós. É un peixe cartilaxinoso, que non posue esqueleto
óseo. É de cor gris claro con manchas. Pode medir de 80 a 90 cm e
chega a pesar 17 kg.
COMO SE CAPTURA?: Captúrase con arrastres, palangres e redes de
enmalle. Soe pescarse nos meses que teñen r.
FOTO
DEBUXO
NOME: Rapante
ESPECIE: Peixe
COMO É?: É de dúas cores, un grisado e un branco. É plano e polos
lados ten espiñas
COMO SE CAPTURA?: Coas redes de pescar
FOTO
DEBUXO
NOME: Rincha (Scomber scombrus)
ESPECIE: Escómbridos
COMO É?: É un peixe de corpo alongado, de cor verdoso azulado, con
liñas verticais escuras na metade superior. Ten unha ringleira de ale-
tiñas próximas á cola. É un peixe peláxico i emigrante que convive en
bancos, e que ven ás nosas costas en primavera e ataca aos bancos
de sardiñas. Alcanza unha lonxitude máxima de 50 cm e pesa uns 4
kg. Vive entre a superficie e os 300 m. de profundidade.
COMO SE CAPTURA?: Péscase con artes de cerco e cos trasmallos.
Tamén se pode pescar con liña. A rincha ten veda no verán.
FOTO
DEBUXO
NOME: Robaliza (Dicentrarchus labrax)
ESPECIE: Serránidos
COMO É?: É un peixe fusiforme, con corpo redondo, robusto e alon-
gado. A súa pel e gris prateada. Pode medir de media 40 - 80 cm.
Pode pesar 4, 7 ou incluso 12 kg.
COMO SE CAPTURA?: Con anzó. A súa época de veda é dende abril
ata outubro.
FOTO
DEBUXO
NOME: Rodaballo
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Peixe plano casi circular. Non ten escamas.
A súa cor é gris pardo veteado co ventre branco.
Aliméntase doutros peixes.
Vive repousando nos fondos areentos e se despraza moi lentamente.
COMO SE CAPTURA?: Pódese pescar ao longo de todo o ano. Em-
prégase para a súa captura o trasmaio ou o palangre de fondo.
FOTO
DEBUXO
NOME: Rubio (Escacho)
ESPECIE: Peixe
COMO É?: De coloración vermella. A súa cara interna con manchas
escuras e a externa violeta manchada de azul. Aproximadamente mide
40 cm.
COMO SE CAPTURA?: Con redes, palangres e sedal.
FOTO
DEBUXO
NOME: Salmonete
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Ten o corpo alongado algo aplanado e uns ollos grandes.
Na parte dianteira ten dúas barbelas longas. É dunha cor entre ver-
mella e rosada.
COMO SE CAPTURA?: O salmonete de rocha pescase con trasmallos.
FOTO
DEBUXO
NOME: Sanmartiño
ESPECIE: Peixe
COMO É?: De cor azul e verde e ten un círculo negro. As aletas son
moi longas. Son como ondas.
COMO SE CAPTURA?: Péscase con redes e sedal. Tamén encontránse
exemplares en pesca submarina.
FOTO
DEBUXO
NOME: Sardiña (Sardina pilchardus)
ESPECIE: Clupeidae
COMO É?: A súa forma é alongada. Ten unha coloración externa
entre azul e verde, e prateada no ventre e nos flancos. Miden en
torno aos 25 cm. Os exemplares xóvenes pesan 50 - 100 gr e se lles
coñece co nome de “parrochas”. Os adultos pesan uns 200 gr.
COMO SE CAPTURA?: Péscase coa arte do cerco, ao xeito ou a motora. A súa época de veda é de 30 días, dúas veces ao ano. A ép-
poca na que está sabrosa é no verán, dende finais de xuño ata
principios de agosto.
FOTO
DEBUXO
NOME: Sargo
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Ten o corpo comprimido polos lados e de cor gris e ten
reflexos prateados. Os mais novos teñen bandas escuras nos costados.
COMO SE CAPTURA?: Con cana ou rede.
FOTO
DEBUXO
NOME: Solla
ESPECIE: Peixe
COMO É?: Peixe plano, duns 55 cm de lonxitude. É ovalado,de pel
lisa. Ten os ollos no lado dereito do corpo. A cabeza é grande e a
boca pequena. É de cor grisáceo.
COMO SE CAPTURA?: Péscase con rede.
FOTO
DEBUXO
NOME: Xurel (Trachurus trachurus)
ESPECIE: Carángidos
COMO É?: Alcanza un peso maximo de 1kg e unha talla aproximada
a 70 cm. Pode vivir ata 20 anos.
Dedúnculo caudal moi fino e a cola bifurcada cunha quilla formada
polas escamas.
Ten una coloración azul grisacea no dorsal , nos lados e no ventre son
prateadas .
COMO SE CAPTURA?: Captúrase con anzós e con redes de cerco.
FOTO
DEBUXO