Download Os xigantes e cabezudos voltarán a recorrer as rúas pobrenses

Document related concepts
no text concepts found
Transcript
a pobra do caramiñal 19 a 22 de agosto
VIERNES
19 DE AGOSTO DE 2016
carme dos pincheiros 29
EL CORREO GALLEGO
Os xigantes e cabezudos voltarán
a recorrer as rúas pobrenses
a banda militar da
brilat acompañará
a procesión e a
ofrenda á virxe na
tarde do domingo
A
s actividades das festas
do Carme dos Pincheiros na Pobra comezan hoxe
con lanzamento das bombas
de palenque ás 19.00 horas,
ao que lle seguirá o desfile de
xigantes e cabezudos, desde
a Confraría do Carme, acompañado das gaitas de Trécola.
O pregón será ás 21.00 horas
e, deseguido, novo percorrido
dos xigantes e cabezudos. Ás
21.30 horas, actuará a Escola de Baile El Tomasón na praza Cantón da Leña. Ás 22.30
horas, na praza do Emigrante,
concerto de Golpe Radikal.
sábado, 20. A xornada de
mañán ábrese coas bombas
UNHA DAS
RÚAS da
vila de
Pobra do
Caramiñal, que
acollerá
parte das
actividades das
festas do
Carme
dos Pincheiros.
Foto: S.S.
de palenque e os pasacalles
da Banda de Música de Arcade e mailos grupos de gaitas
Os Carabairos, Xiada, Barlovento e Os Salgueiriños. Ás
12.30 horas, desfile de xigantes e cabezudos, acompañados de Trécola. Ás 13.00
horas, espectáculo de maxia
de Palabras Máxicas. Ás 13.30
e ás 19.00 horas, concerto da
Banda de Música de Arcade
nos xardíns. Ás 20.00 horas,
comenza a festa amenizada
pola charanga Os Santiaguiños, e ás 22.00 horas, terá
lugar a Festa da Auga Sanxuerguíns. De animar a verbena da
noite encargaranse a orquestra Marimba e o grupo M3.
Domingo, 21. Despois das
bombas de palenque, comenzarán os pasacalles a cargo da
Banda de Música de Calo, Banda de Gaitas Trécola, os grupos
de gaitas Xiada e Barlovento, o
grupo de baile As Arrancadeiras e a Banda Militar da Brilat,
que tamén acompañarán aos
xigantes e cabezudos no seu
percorrido. A praza do Cantón
da Leña acollerá unha serie
de xogos populares para os
nenos e nenas. A Banda Militar
da Brilat e a Banda de Música
de Arcade protagonizarán
senllos concertos, a partir das
13.30 horas.
Pola tarde, ás 18.30 horas,
misa solemne na honra da Virxe do Carme dos Pincheiros,
cantada por Capela de Música
Lauda Sión, ao que lle seguirá
a procesión acompañada da
Banda Militar da Brilat, a Banda de Música de Calo, Escola de Danzas da Asociación
de Amas de Casa da Pobra
do Caramiñal e os xigantes e
cabezudos, que realizarán a
ofrenda á Virxe. O acto rematará coa tradicional traca. A
verbena da noite estará amenizada pola orquestra Estelares e o grupo D’Lider.
Luns, 22. Así comeza a última das xornadas do Carme
do Pincheiros por este ano.
Despois das bombas, pasacalles da Banda de Música da
Pobra do Caramiñal, a banda de gaitas de Calo, os grupos de gaitas Trécola, Xiada,
Barlovento, Os Carabeiros e
Os Salgueiriños. O desfile dos
xigantes e cabezudos sairá ás
12.00 horas, acompañados
de Trécola. Os máis pequenos poderán disfrutar de máis
actividades a partir das 12.00
horas e hasta ás 14.00 horas e
17.00 a 19.00 horas, coa actuación de Axóuxere. Ás 13.00
horas, concerto da Banda de
Música da Pobra, seguido dun
percorrido polas rúas dos grupos de gaitas.
Ás 18.00 horas, dará comezo unha exhibición de aeromodelismo, automodelismo
e embarcacións de radio control, na rampa do Pantalán. Ás
18.30 horas, misa solemne
en lembranza dos cofrades
finados, cantada pola Coral
Abrente. Deseguido, novo
desfile dos xigantes e cabezudos que estará acompañados
polos grupos de baile e banda
de música.
A verbena da noite correrá a cargo da orquestra Tango.
O tradicional Gran Combate
Naval, con fogos de artificio,
porá o fin das festas do Carme
dos Pincheiros por este ano.
A. bouza/a pobra
30 carme dos pincheiros
EL CORREO GALLEGO
a pobra do caramiñal 19 a 21 de agosto
FACHADA
marítima
de A Pobra
do Caramiñal, onde
veciños e
visitantes
poderán
disfrutar
dos actos
organizados. Foto: S.S.
A comisión de festas agradece
a colaboración da veciñanza
un dos actos
máis esperados
por todos son os
fogos artificiais na
medianoite do luns
VIERNES
19 DE AGOSTO DE 2016
A
comisión de festas do
Carme dos Pincheiros da
Pobra do Caramiñal está formada na súa maioría por un
grupo de mariñeiros xubilados,
moitos dos cales pertencentes
tamén á confraría de Semana Santa. É a primeira vez que
organizan estas festas, pero
sempre estiveron moi vinculados ás mesmas.
Este grupo de persoas fai
fronte a un importante presuposto, que se eleva a 50.000
euros, para que todo sexa un
éxito, cantidade que se reúne
da aportación económica do
Concello da Pobra, así como da
pedida que se fai polas casas, o
que aportan as empresas e
comercios do municipio e a
publicidade do cartel das festas. Desde a comisión sinalan
que “estamos contentos da
resposta dos veciños á hora de
facer a súa aportación. Este foi
uno dos motivos que nos levou
a facer os catro días de festa e
non os tres que tiñamos previsto, xa que conseguimos non ter
débedas”, afirman.
E para que todos poidan
gozar das festas, “este ano
contratamos un bó número de
gaiteiros para que acudan coa
súa música ás casas e aldeas
do rural, xa que eles tamén
nos dan a súa aportación”.
Polo que atinxe á programación, destaca como sempre a procesión da Virxe do
Carme, que é un dos principais
atractivos das festas e o que
máis devotos atrae a Pobra
do Caramiñal e tamén entre a
xente do pobo, no que desperta grandes emocións, por ser
a patroa dos mariñeiros.
E como non, os xigantes
e cabezudos co seu colorido e desfile, do que disfrutan
non só o máis cativos, senón
tamén a xente maior. Outra
das actividades a destacar son
os Sanxuerguíns: un espectáculo donde a auga é a protagonista. E como remate o Gran
Combate Naval do último día
das festas, que tamén ten un
gran atractivo, así como os
fogos de artificio, que se lanzarán a partir das doce da noite
do luns, como ven levándose a
cabo cada ano. Tamén destaca a presenza de boas orquestras para animar as verbenas
da noite.
A. Bouza/a pobra
carme dos pincheiros 31
EL CORREO GALLEGO
A Tenda Escola O Deán traballa na inclusión
laboral para persoas con discapacidade
clases prácticas do ciclo formativo de comercio, así como
algún curso realizado a nivel da
comunidade europea a través
do clúster do textil, etc.
no centro realízanse
prácticas co ciclo
formativo de
comercio e ofrece
asesoramento
empresarial
inclusión
laboral.
Apunta Amparo Cerecedo,
presidenta da Asociación de
Comerciantes da Pobra, “este
ano estamos centrados na
inclusión laboral para persoas
con discapacidade física e psíquica. O último programa tivo
unha gran acollida entre as
familias, que decían que non
era só que os rapaces se formaran, senón que se visualizase a discapacidade”.
Tamén realizan asesoramento empresarial de xeito
integral, para todo aquel que
O
Centro Comercial Aberto da Pobra do Caramiñal dispón dun local no cal a
Asociación de Comerciantes decidiu que se convertise nun centro de formación
para aqueles que queiran ter
o seu futuro laboral no sector
comercial.
Trátase da Tenda Escola O Deán, na cal se imparten
USUARIOS
dos colectivos Amicos
en Ámbar
ante a Tenda Escola
Deán. Foto:
S.Souto
CALIDAD Y PRECIO GARANTIZADOS
C/ Gasset, 100
T. 981 833 112 - 981 830 007
F. 981 873 945
Pobra do Caramiñal
a pobra do caramiñal 19 a 22 de agosto
VIERNES
19 DE AGOSTO DE 2016
queira instalar un comercio.
“Podemos decir que negocios
abertos recentemente e incluso algúns xa consolidados,
pasaron pola Tenda Escola do
Deán para asesorarse”.
Asemade “traballamos con
nenos e nenas para que vaian
coñecendo o pequeno comercio. Por exemplo, este ano
alumnos do colexio Salustiano
Regueiras colocaron carteis
nos escaparates dos establecementos con motivo das
Letras Galegas”, señala Cerecedo.
Por último, Amparo Cerecedo quere facer un chamamento aos comercios da
Pobra, “para que, en consonancia con programa de inserción laboral que estamos a
desenvolver, poñan mercancías á venda, que os alumnos
con discacidade poidan facer
a clase práctica e ter acceso ao
mundo laboral”.
A. Bouza/a pobra
Virxe do Monte, 44
(A Pobra do Caramiñal)
[email protected]
T. 699 39 68 76
Les desea
Felices Fiestas
Tls.: 981 833 128 - 981 833 032
Playa de Cabío, s/n
A POBRA DO CARAMIÑAL