Download SP/GA - Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Document related concepts
no text concepts found
Transcript
Guía docente da materia 1 GUIA DOCENTE 2008/09 1. DATOS XERAIS DA MATERIA Nome da materia HISTORIA ECONOMICA DE ESPAÑA Código da materia Centro/ Titulación 303311102 Facultade CC. Económicas e Empresariais Economía Curso Tipo Créditos ECTS Anual /Cuadrimestral Departamento 1º Troncal 6 2º cuadrimestre Fundamentos da Analise Económica Institucións Económicas Historia e Institucións económicas Área de coñecemento Historia e Profesorado da materia Nome do profesor Rafael Vallejo Pousada Código profesor 0634 Créditos totais 6 2. CONTEXTO DA MATERIA - A Historia Económica de España permite acadar unha comprensión do proceso de configuración da España contemporánea. Como economía aplicada que é, válese do instrumental conceptual procedente da teoría económica e dos métodos cuantitativos. Emprega unha perspectiva temporal de longo prazo, propia da análise histórica á hora de identificar tendencias, e unha perspectiva de medio e curto plazo, para analizar as políticas públicas e as decisións empresariais, así como os seus resultados. - A Historia é unha disciplina útil na formación dos economistas. Permite coñecer sobre o desenvolvemento dos agregados macroeconómicos. Identifica os efectos das variables extraeconómicas (sociais, institucionais) sobre os fenómenos económicos. Permite entender por qué un país produce o que produce, cómo se produce e cómo se distribue a renda desa producción. Permite a comparación internacional, con outras economías. Suministra datos fundados sobre a estructura, os problemas e os retos da economía nacional na actualidade. Permite entender, así mesmo, o contexto no que xurden as ideas económicas e por qué e como evolucionan. 3. OBXECTIVOS 3.1. Obxectivos xerais - Identificar as grandes fases do desenvolvemento económico español durante os séculos XIX e XX. Guía docente da materia 2 - Situar a economia española nas etapas do desenvolvemento económico europeo e mundial. - Analizar os factores e condicionantes do desenvolvemento económico español. - Comprender, con perspectiva histórica, as transformacións dende unha sociedade agraria tradicional a unha sociedade industrial e moderna. - Entender a compoñente rexional da evolución da economía española. - Comprender o papel das institucións no proceso de desenvolvemento económico. - Dotar de criterios para reflexionar, a partir da experiencia española, sobre os problemas do crecemento económico. 3.2. Competencias e destrezas teórico-prácticas. - Manexar e analizar fontes estatísticas, documentais e bibliográficas para desentrañar as grandes tendencias dos procesos históricos. - Elaborar informes (traballos de curso) sobre temas xerais ou específicos, que inclúan as seguintes actividades: a) xustificación do interese histórico e económico do tema sobre o que se traballa; b) busca, selección e manexo de fontes de información; c) redacción (personalizada) dun informe ao respecto; d) exposición pública do informe (obxecto, método, conclusións); e) debate de alternativas interpretativas. - Extracción de conclusións sobre: a) os fundamentos da análise histórica; b) as leis da teoría económica, con especial atención ao crecemento e desenvolvemento; ás causas da pobreza, e desigualdade; á función económica da innovación tecnolóxica; e, á transcendencia social da actividade económica. -Aprendizaxe non memorística, baseada na identificación, analise e interpretación dos feitos econômicos. Isto significa: * Analizar críticamente as políticas económicas en función dos seus obxectivos, medidas, instrumentos e resultados (avaliación de gañadores e perdedores). * Razoar con criterio histórico-económico: analizar cada feito ou problema económio no seu contexto histórico, utilizando as ferramentas da análise económica. * Extraer conclusións a través da selección, tratamento e interpretación de información cuantitativa. * Analizar e sintetizar información cualitativa. * Habilidade para buscar, en fontes diversas, a mellor información para respostar preguntas concretas. * Redactar textos argumentativos correctamente escritos. - Planificar e organizar o traballo. 3.3. Obxetivos interpersoais - Habilidade para a comunicación oral en público. - Habilidade para escoitar e atender as diferentes aportacións de compañeiras e compañeiros. - Discusión en grupo con argumentación sólida. - Rigor na comunicación escrita. Guía docente da materia 3 - Toma de decisións. - Traballo en equipo. - Capacidade para comunicar os resultados dun traballo escrito. - Adaptación a situacións novas oralmente, gráficamente e por 4. PREREQUISITOS 4.1 Formais Ningún. 4.2 Contidos e competencias mínimas - Coñecementos da Xeografía e da Historia Contemporánea de occidente (grandes procesos e feitos máis relevantes). - Manexo básico de follas de cálculo (Excel) e procesadores de texto (Word) e de Power Point. - Busca de información en Internet e bases de datos. - Historia Económica Mundial. 5. CONTIDOS 5.1. Temario das clases teóricas. - O temario organízase combinando criterios xerais e sectoriais, a través das principais etapas de evolución da economía española contemporánea: a crise do Antigo Réxime; a difusión da revolución industrial en España e as deficiencias da súa industrialización tardía (1840-1890); a via "nacionalista" española durante o primeiro terzo do século XX (1891-1935); a economía na Guerra civil e na posguerra (1936-1951); a España do crecemento económico na fase de tímida liberalización (década de 1950) e do "desarrollismo" (1959-1975); a economia, na fase da transición (1975-1985) e na fase europea (1986-2000), sobre a que se ofrecerán só grandes liñas de evolución. - Número de temas: 9. Tema Título Contido Duración (Horas) 2,5 1 A dotación de recursos da economía española e etapas do crecemento económico español nos séculos XIX e XX. - Os recursos naturais. - O factor humano: cantidade e calidade. - Factores institucionais. - Rasgos principais das etapas do crecemento econômico. 2 A crise do antiguo réximén e a - ¿Crise conxuntural ou crise estructural? 3,5 - Principais desequilibrios da economía revolución liberal (1789-1840). española: esterior e fiscal. - Resposta da economía española ante a crise: reorientación e reformas. - Política de reformas (cambio institucional): reforma agraria liberal e liberalización económica. Guía docente da materia 4 3 A difusión da revolución industrial - A apertura ao exterior da economía española. 4,5 (1840-1890). - Os medios de transporte: a importancia económica do ferrocarril. - Rasgos e funcions esenciais do sistema financeiro na economía do período. - Importancia da minería non enerxética e déficit da minería enerxética. - Principais sectores industriais: factores de desenvolcemento e limitacios. - Ritmo e nivel da industrialización española: converxencia ou diverxencia industrial. 4 A viraxe nacionalista (1891-1914). 5 6 7 - Unha estratexia de desenvolvemento 3,5 nacionalista - Causas e efectos da crise agraria finisecular. - A viraxe da política comercial: proteccionismo agrario e proteccionismo industrial. - Guerra de Cuba e Facenda pública: axuste financieiro e reforma fiscal de Villaverde. - A segunda revolución industrial en España: a formación da gran empresa moderna, Enerxía eléctrica e industrialización (un círculo virtuoso). - Diverxencia: un debate historiográfico. - Os ciclos da economía: expansión e crise. 3,5 A edad de Prata da economía española - Crecemento e desigual distribución dos (1914-1936). beneficios da primeira guerra mundial. - Configuración dunha estructura institucional protectora e interventora. - Política fiscal expansiva, programa de obras públicas da Dictadura e crecemento industrial. - O salto histórico na industrialización. - O reformismo social durante a República: reforma sociolaboral e reforma agraria. - A economía de guerra: Factores económicos O aillamento da economía da resolución da guerra e as sus consecuencias internacional: guerra civil e autarquía económicas. - Efectos distributivos do contrarreformismo (1936-1951). social do primeiro franquismo. - Financiación das debedas (exteriores e interiores) da guerra. - O "desastre económico" do primeiro franquismo. - Caracterización do intervencionismo durante a autarquía e os seus efectos. - O sector exterior durante a década de 1940: política comercial e cambiaria. A industrialización sustitutiva importacions (1951-1959). - Diferencia entre autarquía e industrialización 3,5 de vía sustitución de importacions. - Inicio da ruptura do aillamento internacional dende 1950 e a axuda americana. - Tímida liberalización económica: relaxación Guía docente da materia 5 do intervencionismo económico. - A estructuración dun capitalismo nacional. - Crecemento e transformación na estructura da economía española. - Desequilibrios macroeconómicos, Plan de Estabilización e liberalización económica en 1959. 8 9 - Un novo modelo de desarrollo económico: 3,5 A edade de ouro: Reintegración a apertura comercial e apertura financeira. economía internacional - Turismo exterior, remesas, inversión (1960-1973). estranxeira e crecemento económico. - Crecemento industrial e cambio estructural. - Crise da agricultura tradicional. - A planificación indicativa (Plans de Desarrollo) e crecemento económico. - As malformacions da economía española. - A crise económica: principais desequilibrios 2 Crisis económica, transición política, e macroeconómicos. a economía na democracia (1974- - Política económica frente os desequilibrio: Pactos da Moncloa, 1977. 2000). - Configuración do Estado do bienestar entre 1975 e 1985. - Crise industrial diferencial e reconversión. - Crise bancaria e saneamiento financiero. - Ciclo europeo da economía española: integración institucional, efectos reais, converxencia nominal, políticas de reforma institucional. 5.2. Contido das clases prácticas e seminarios A comezos do curso, a docente publicará o contido das prácticas e dos seminarios a realizar. O calendario destas prácticas e seminarios, así como o número de horas que se lle adicarán figuran no Plan de Traballo que figura a continuación. 6. PLAN DE TRABALLO 6.1. Traballo do alumno e organización docente. Neste apartado do Plan de Traballo, hai que ter en conta dous aspectos: 1) O volume e a estructura do traballo dos alumnos; 2) A organización docente semanal. Este Plan de Traballo sintetízase nos dous cadros que seguen: 1) Volume de traballo dos alumnos: Traballo 1. Asistencia clases teóricas 2. Asistencia clases prácticas 3. Asistencia seminarios 4. Asistencia tutorías 5. Realización exames Total horas presenciais 6. Preparación clases teóricas 7. Preparación clases prácticas Horas/ Total Sesións sesión horas 15 2 30,0 5 3 15,0 7 2 14,0 3 0,5 1,5 1 2 2,0 62,5 9 3 27,0 5 3 15,0 Guía docente da materia 8. Preparación seminarios 9. Preparación exámens Total horas non presenciais Total horas de traballo do alumno 2) A organización docente semanal: Horas Clases Horas Semanas Teóricas prácticas 1 2 2 2 P1 (3) 3 2 P2 (3) 4 2 P3 (3) 5 2 P4 (3) 6 2 P5 (3) 7 2 8 2 9 2 10 2 11 2 12 2 13 2 14 2 15 2 Total 30 15 6 7 - 2 - Horas seminarios S1 (2) S2 (2) S3 (2) S4 (2) S5 (2) S6 (2) S7 (2) 14,0 31,5 87,5 150,0 Entrega dos exercicios de prácticas Temas a tratar P1 T1 (2) P2 T1 (0,5), T2 (1,5) P3 T2 (2) P4 T3 (2) P5 T3 (2) T3 (0,5), T4 (1,5) S1 T4 (2) S2 T5 (2) S3 T5 (1,5), T6 (0,5) S4 T6 (2) S5 T6 (1), T7 (1) S6 T7 (2) S7 T7 (0,5), T8 (1,5) T8 (2) T9 (2) 14 Observacións: (1) As cifras entre parénteses, son as horas adicadas a cada práctica (P), seminario (S) ou tema (T). (2) As exercicios para as prácticas entréganse sempre 1 semana antes da práctica (3) Os seminarios apóyanse en cine documental. Cada semana antes, entréganse varias preguntas para centrar e fomentar o debate informado sobre as materias que se traten. 6.2. Prácticas de aula e seminarios - Realizaranse 5 horas de prácticas presenciais, en tres grupos por clase (en total 15 horas). A folla de exercicios prácticos será presentada aos alumnos unha semana antes da súa resolución, na correspondente clase práctica. Durante o desenvolvemento das prácticas os alumnos deberán presentar e discutir os resultados obtidos. Valoraráse a calidade dos resultados e da argumentación crítica nos temas presentados. - Realizaránse 7 seminarios presenciais, aos que asistirán todos os alumnos. De acordo co cronograma adxunto, cada seminario desenvolveráse en 2 horas por semana, os luns, co seguinte horario: 9-11 horas. O contido do seminario e as cuestións a abordar, serán presentadas a semana anterior. O peso dos debates, cada día de seminario, será responsabilidade dos grupos de alumnos e alumnas que decida o profesor, de acordo ao número de alumnos totais do curso. Todos os alumnos e alumnas levarán, nalgunha semana, o peso dos debates. 6.3.Titorías - Cada estudiante terá que asistir durante o curso a 3 reunións de aproximadamente media hora co profesor, seguindo un calendario que se dará a coñecer con anterioridade. - A asistencia a titoría poderá realizarse, nalgún caso concreto, co subgrupo dos formados nas clases prácticas. Guía docente da materia 7 7. BIBLIOGRAFIA 7.1. Bibliografia básica Anes, G. (ed.), Historia económica de España. Siglos XIX y XX. Barcelona: Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, 2000. Carreras, A. e Tafunell, X., Historia Económica de la España Contemporánea, Barcelona: Crítica, 2004. Comín, F., Hernández, M. e Llopis, E. (eds.), Historia Económica de España, siglos X-XX, Barcelona: Crítica, 2002. 7.2 Bibliografía complementaria a) Obras xerais Artola, M. (dir.), Enciclopedia de Historia de España, Madrid: Alianza Editorial, 1988. Anes, G. (ed.), Historia económica de España. Siglos XIX y XX. Barcelona: Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, 2000. Barciela, C., López I., Melgarejo J. y Miranda J. A., La España de Franco (1939-1975), colec. Historia de España tercer milenio, Madrid: Síntesis, 2001. Bernal, A.M., La España Liberal (1868-1913), colec. Historia de España tercer milenio, Madrid: Síntesis, 2001. Fusi, J.P. e Palafox J., España: 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid: Espasa, 1997. Broder, A., Historia económica de la España contemporánea, Madrid: Alianza. 2000. Nadal, J., Carreras A. y Sudriá C. (eds.), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica, Barcelona: Ariel, 1987. García Delgado, J. L. (dir.), España. Economía. Madrid: Espasa Calpe, 1993. González Enciso, A. y Mates J.M., Historia Económica de España, Madrid: Ariel Economía, 2006. Germán, Luis, Enrique Llopis, Jordi Maluquer, Santiago Zapata (eds.), Historia económica regional de España: siglos XIX y XX, Barcelona: Crítica, 2001.Saiz Pastor, C. e Vidal Olivares J., El fin del Antiguo Régimen (1808-1868), colec. Historia de España tercer milenio, Madrid: Síntesis, 2001. Sánchez Albornoz, N. (comp.), La modernización económica de España, 1830-1930, Madrid: Alianza, 1985-1987. Tortella, G., El desarrollo de la España contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y XX, Madrid: Alianza, 1994-2002. Simón Segura, F., Historia Económica Mundial y de España, Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, 1991-2001. Prados de la Escosura, L., De imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Madrid: Alianza, 1988. Ringrose, D.R., España, 1700-1900: el mito de un fracaso, Madrid: Alianza, 1994. Varios Autores: Nuevas corrientes en Historia Económica española, Papeles de Economía Española, 73. 1997 Varios Autores, La nueva cara de la Historia Económica española, Papeles de Economía Española, 20. 1984 b) Estudos sectoriais Barciela López, C., La agricultura cerealística en la España contemporánea. El mercado triguero y el Servicio Nacional del Trigo (1937-1971), Madrid: Banco de España, 1981. Guía docente da materia 8 Comin, F. e Martín Aceña, P., Historia de la empresa pública en España, Madrid: Espasa Calpe, 1991. Comín, F., Historia de la Hacienda Pública, España (1808-1995), Tomo I y II, Barcelona: Crítica, 1996. García Ruiz, J. L. Historia económica de la empresa moderna, Madrid: Istmo, 1994. García Sanz y R. Garrabou, (eds.), Historia agraria de la España contemporánea, I. Cambio social y nuevas formas de propiedad (1800-1850), Barcelona: Crítica, 1985. Garrabou, R. e Sanz, J. (eds.), Historia agraria de la España contemporánea, II. Expansión y crisis (1850-1900), Barcelona: Crítica, 1986. Garrabou, R., Barciela C. y Jiménez Blanco, J. I (eds.), Historia agraria de la España contemporánea, III. El fin de la agricultura tradicional (1900-1960), Barcelona: Crítica, 1986. Gómez Mendoza, A., Ferrocarril, industria y mercado en la modernización de España, Madrid: Espasa Calpe, 1989. Gómez Mendoza, A., (ed.), De mitos y milagros. El Instituto Nacional de Autarquía (19411963), Barcelona: Edicions de la Universitat de Barcelona y Fundación Duques de Soria, 2000. González Temprano, A., Sánchez Robayna, D., y Torres Villanueva, E., La banca y el Estado en la España contemporánea (1939-1979), Madrid: Espejo, 1981. Martín Aceña, P. e Comín, F. (dirs.), INI. Cincuenta años de industrialización, Madrid: Espasa Calpe, 1991. Nadal,J., El fracaso de la Revolución industrial en España, Barcelona: Ariel, 1975. Nadal, J., Moler, tejer y fundir. Estudios de historia industrial, Barcelona: Ariel, 1992. Nadal, J., e Catalán, J., (eds.), La cara oculta de la industrialización española. La modernización de los sectores no líderes (siglos XIX y XX), Madrid: Alianza Universidad, 1994. Naredo, J. M., La evolución de la agricultura en España (1940-1990). Granada: Univ. de Granada,1996. Núñez, C. E., La fuente de la riqueza. Educación y desarrollo económico en la España contemporánea. Madrid: Alianza, 1992. Pujol,J., González de Molina, M., Fernández Prieto, L., Gallego, D., Garrabou, R., El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea. Barcelona: Crítica, 2001. Pujol, R., (ed.), Dinámica de la población en España. Cambios demográficos en el último cuarto del siglo XX, Madrid: Síntesis, 1997. Sánchez Albornoz, N., (ed.), Españoles hacia América. La emigración en masa, 18801930, Madrid: Alianza, 1988. c) Obras que abordan períodos significativos. Catalán, J, La economía española y la Segunda Guerra Mundial, Barcelona: Ariel, 1995. Fontana, J., (ed.), España bajo el franquismo, Barcelona: Crítica, 1986. García Delgado, J. L. (ed.), El primer franquismo. España durante la segunda guerra mundial, Madrid, 1989. García Delgado, J. L., La economía española en la transición y la democracia, Madrid: CIS, 1990. Etxezarreta, M., (coord.), La reestructuración del capitalismo en España, 1970-1990, Barcelona: Icaria, 1991. d) Estudios rexionais. Domínguez Martín,R., La riqueza de las regiones. Las desigualdades regionales en España, 1720-200, Madrid: Alianza, 2002. Guía docente da materia 9 García Ruiz, J.L y Manera, C. (dirs), Historia Empresarial de España. Un enfoque regional, Madrid: LID, 2006. German, L., Llopis, E. Maluquer J. y Zapata, S. (eds.), Historia Económica regional de España siglos XIX y XX, Barcelona: Crítica, 2001. Giráldez Rivero, J., Crecimiento y transformación del sector pesquero gallego (1880-1936), Madrid, MAPA, 1998. Juana, J. de e Prada, J. (coords.), Historia contemporánea de Galicia, Barcelona: Ariel, 2005. Nadal, J. e Carreras, A. (dirs. ), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX y XX), Barcelona: Ariel, 1990. e) Estadísticas. Carreras, A. e Tafunell, X. (coords.), Estadísticas históricas de España. Siglos XIX-XX, Fundación BBVA: Madrid, 1989; 2005. Grupo de Estudios de Historia Rural, Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935, Madrid, MAPA. Fundación BBV, Renta Nacional de España, Bilbao, Fundación BBV, varios volúmenes, 1991, 1999-2000. Nadal, J., (dir.), Atlas de la industrialización de España, 1750-2000, Barcelona, CríticaFundación BBVA (contén CD coas estatísticas), 2003. Prados de la Escosura, L., El progreso económico de España (1890-2000), Fundación BBVA: Madrid (contén CD coas estatísticas), 2003. 8. METODOLOXIA - A docencia teórica consistirá na explicación de cada tema por parte do profesor, utilizando medios audiovisuais. Fomentaráse a participación das alumnas e dos alumnos, facendo un especial énfase na comprensión dos conceptos, e o hábito da lectura sistemática. - As clases prácticas e os seminarios tratarán sobre os temas específicos do programa preparado ao efecto. O alumnos han de acudir aos mesmos documentados, coas lecturas previas apuntadas ou suxeridas polo profesor. - Os alumnos e alumnas teñen que acudir ás clases prácticas e aos seminarios cos exercicios feitos, na plantilla tipo que o profesor terá colgada na súa páxina web (ou, no seu caso, na plataforma TEMA). Cada exercicio (ou cada resume de seminario) será gardado por cada un dos alumnos na súa Carpeta de prácticas e seminarios. A cronoloxía do traballo para cada práctica ou seminario axústase, así, ao seguinte esquema: 1ª semana Entrega e presentación dos exercicios por parte do profesor 2ª semana Resolución dos exercicios realizados polos alumnos 3ª semana Cada alumno garda os exercicios realizados na súa Carpeta de prácticas e seminarios (o exercicio gardado pode ser o borrador da 2ª semana) - A fin de curso, cada alumno entregará un Caderno de prácticas e seminarios. As prácticas e seminarios aparecerán ordenados según a cronoloxía da súa realización. Tras a portada, a primeira páxina deste Caderno conterá un Índice paxinado das prácticas e seminarios feitos. Guía docente da materia 10 - En cada clase práctica e seminario formaránse subgrupos. O número de membros de cada subgrupo dependerá do número total de alumnos do curso e da organización das clases prácticas. - A asistencia ás clases prácticas e seminarios é obrigatoria. 9. SISTEMA DE AVALIACION 9.1. Avaliación da parte teórica. - Non haberá probas parciais. - Haberá un exame final escrito en xuño e outro en setembro. - O exame combinará preguntas, comentários de cuadros e gráficos, de xeito que o alumnado poda reflexar tanto o seu coñecemento puntual dos principais feitos históricos, como a súa capacidade de análise dos mesmos. 9.2. Avaliación das prácticas e seminarios. - Cada alumno irá completando, semana a semana, a súa Carpeta de prácticas e seminarios, a medida que se van facendo, e de acordo á cronoloxía do traballo que, para cada práctica ou seminario, se explica no anterior apartado 8 de Metodoloxía. - A fin de curso, cada un dos alumnos e alumnas presentará o seu Caderno de prácticas e seminarios, que será obxecto de avaliación. - O profesor contará, polo tanto, cunha Carpeta de prácticas e seminarios e cun Caderno de prácticas e seminarios, de contido semellante pero de calidade diferente, na súa realización formal, e mesmo nos contidos. O Caderno estará, en boa lóxica, máis elaborado que a Carpeta. 9.3. Criterios de Avaliacion 1) Avaliación continua: - As clases prácticas e seminarios van representar o 40 por 100 da nota final. A súa avaliación rexiráse polos seguintes criterios: a) A asistencia é obrigatoria. As faltas teñen que ser xustificadas. b) A asignatura non poderá ser aprobada cando o alumno ou a alumna falten a máis de 3 clases prácticas, sen xustificar. c) Cada alumno está obrigado a incoporar os exercicios realizados en cada práctica ou seminario a súa Carpeta de prácticas e seminarios. A entrega faráse de acordo ao calendario establecido polo profesor ao principio do curso. A falta xustificada á clase práctica non exime de entrega-los exercicios prácticos resoltos, tamén de acordo ao calendario establecido. Guía docente da materia 11 d) Cada alumno entregará así mesmo, a fin de curso, un Caderno de prácticas e seminarios. Nel recolle de forma ordenada todas as prácticas feitas ao longo do curso, perfeccionadas grazas ás notas tomadas na clase ou coas explicacións recibidas nas titorías persoalizadas. Recolle tamén os resultados prácticos dos seminarios. e) A nota das clases prácticas ten en conta, en consecuencia, os seguintes elementos: * Asistencia ás prácticas e seminarios. * Participación nas clases prácticas. Valoraráse a argumentación e o razoamento fundado e crítico nos temas tratados. * A calidade das prácticas entregadas ao longo do curso (Carpeta de prácticas e seminarios). * A calidade do caderno final de prácticas e seminarios (Caderno de prácticas e seminarios). 2) Exame final - O exame terá un caráter teórico e práctico (comentario de graficos e cadros). A súa calificación constituirá o 60 por 100 da nota final. - O alumnado non matriculado por primeira vez deberá optar, ao comenzo do curso, por os seguintes métodos de avaliación: a) A realización do exame final de toda a materia, que determina a nota final. b) Avaliación continuada con realización dun exame finali, isto é, adaptarse ao sistema do alumnado matriculado por vez primeira. 10. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA Cinco recomendacións para estudiar a materia: - Asistencia regular ás clases. - Asunción do hábito de lectura. - Incorporación ao sistema de avaliación continua. - Facer uso das titorías. - Regularidade no traballo persoal e coidada programación do mesmo.